martes, enero 26

Última reunión do Club de Lectura do segundo ciclo

O pasado día 21 reunímonos para comentar os dous contos elixidos para esta quincena: A Venus de Ille e O Xefe vermello. As opinións dos compoñentes do club con respecto ás lecturas foron positivas se ben se comentou a maior complexidade da primeira. A segunda lectura resultoulles moito máis atrainte dado que se trata de unha historia na que o humor está moi presente. A intención desta selección era tamén dar exemplos de contos de distintas épocas e autores de xeito que os alumnos e alumnas adquiran unha perspectiva global deste xénero.
Esperamos vervos na próxima reunión na que a vosa profesora de Língua Castelá, Sonia, vos lerá un relato da súa escolla.